Xuntanza de Reis

O pasado sábado 4 de xaneiro vivimos unha xornada inesquecible grazas á colaboración entre a nosa asociación A Xesteira e a Asociación O Rueiro. Unhas 300 persoas, entre veciñanza de Couso, contorna próxima e alumnado da Escola de Música Tradicional A Xesteira, participaron nun día cheo de actividades, alegría e comunidade.

A celebración comezou cos tradicionais Cantos de Reis, seguidos pola esperada visita dos Reis Magos, que trouxeron ilusión a cativas e mais grandes. A calor dun bo chocolate quente animou a todas e todos nunha deliciosa chocolatada.

Ademais, aproveitouse a ocasión para presentar o proxecto Namoreiras, unha nova iniciativa que promete traer moitas novidades no futuro. A xornada pechouse cun pincho-cea para conmemorar o fin de trimestre da EMT, acompañado, como non podía ser doutro xeito, por música e baile para poñer o broche de ouro.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta celebración e por manter viva a tradición e o espírito comunitario!

Scroll ao inicio
Ir o contido