VII Churasconcerto: Unha noite de boa música e xente animada

Este sábado 10 de maio, non podes perderte o VII Churasconcerto, un evento cheo de actividades que prometen unha noite única en boa compañía.

A programación comezará ás 20:00 h coa proxeción do documental “Bravú XXX”, que versa sobre o xurdimento e asentamento do movemento do rock bravú a comezos dos anos 90 en Galiza.

A partir das 21:00 h, poderemos disfrutar dun delicioso porco asado, unha excelente oportunidade para recargar enerxías antes de que comece a festa.

Xa ás 22:30 h, a noite arrancará cos concertos de High Paw, Gran Bazar e Noxo, que nos ofrecerán unha serie de actuacións que garantirán a diversión e o bo ambiente.

Un evento onde a música, a gastronomía e a boa compañía se combinan para ofrecer unha noite inesquecible. Aínda estás a tempo de unirte á festa!

Scroll ao inicio
Ir o contido