Obradoiro de Danza de Entroido da Ulla
A Asociación O Cruceiro e a Asociación A Xesteira organizan un obradoiro de baile centrado na Danza de Entroido da Ulla, impartido por Julia Pozo e Chema Cebeiro, integrantes activos de A Regionalista.
📅 Datas (sábados):
Novembro: 29
Decembro: 13 e 20
Xaneiro: 10, 17, 24, 31
⏰ Horario: 12:00–14:00
📍 Lugar: Escola de Couso, ao carón do campo da festa
💶 Prezo:
Xeral: 25 €
Reducida (*): 15 €
(*) Para alumnado e profesorado da EMT A Xesteira, e persoas socias de A Xesteira, O Cruceiro e O Rueiro.
Pagamento: en efectivo na primeira sesión.
👥 Participantes: máximo 16 persoas por orde de inscrición.
Requisitos: coñecementos medios de baile tradicional galego.
📝 Prazo de inscrición: ata o mércores 26 de novembro na seguinte ligazón: https://cucunver.com/user/member/create/ra3vzYQ3
📞 Info: : 625 178 36
