O vindeiro sábado 29 de marzo celebraremos con ilusión a III Foliada das Mulleres, un evento que busca poñer en valor e dar visibilidade a cada unha de nós.
Será unha xornada aberta para compartir música, alegría e o espírito de comunidade que define a nosa asociación. Queremos facer desta foliada un espazo inclusivo, onde cada persoa sinta que a súa voz e presenza contan. Se tes interese en colaborar na organización desta celebración, convidámoste a contactar connosco no teléfono da asociación: +34 722 31 76 56. A túa participación é fundamental para facer deste evento un éxito!