Festa do Outono

O pasado sábado 23 de novembro, Couso encheuse de vida, música e sabor coa celebración da Ruada do Outono, unha xornada que combinou actividades na natureza, gastronomía e a alegría da música tradicional.

A mañá comezou ás 11:00 cunha saída para a recollida de cogomelos guiada por Merche Nodar, que contou con 25 persoas participantes inscritas. Ás 13:00, Merche tamén liderou unha interesante charla sobre identificación de cogomelos, acompañada dunha exposición que captou o interese de todas as persoas asistentes.

O vermú non faltou, acompañado por deliciosas castañas asadas para quentar o ambiente. Pola tarde, ás 17:30, Cé Orquestra Pantasma trouxo diversión para xente miúda e grande. Xa pola noite, o grupo de Cantos de Taberna de Couso fixeron vibrar o público ás 21:00, dando paso a unha intensa Ruada do Outono ás 22:00. Nesta participaron grupos como Pezas d’antes (Couso), Germán Soneira e o Trío Prata (Teo), A Carrabouxa (pandeireteiras de Teo), Tarabeliñas-Donaire (A Coruña) e Areliñas (Calo).

A xornada rematou cunha animada ruada aberta ás 01:00, que puxo o broche final a un día inesquecible para todas as persoas participantes.

Scroll ao inicio
Ir o contido