EMT – A Xesteira

A EMT mantén as clases de baile (mércores e sábados), pandeireta e canto (sábados), percusión (martes), gaita (martes), acordeón (martes), canto popular e de taberna (venres) e o grupo infantil con canto e pandeireta e baile (sábados). A estas seccións únese unha nova, o grupo mocidade de pandeireta, canto e percusións, que comeza con 5 mozas e mozos de 10 a 13 anos (sábados). Continúa o profesorado das seccións de baile adultas e pandeireta e baile infantil, que comezou a traballar con nós no mes de outubro, Marta Mosquera Galbán e Ana García Otero (baile adultas mércores) e María Prego Fernández (pandeireta e baile infantil e baile adultas sábados)

Continúan as aulas de ACORDEÓN, os martes. Contamos cun mestre do nivel de Santi Cribeiro. Aínda quedan prazas, e hai descontos para socias e socios !!!!

Scroll ao inicio
Ir o contido