ACTIVIDADES PARA ESTE TRIMESTRE (OUTUBRO-DECEMBRO)

Festa do outono

Xa hai data para a festa de Outono!!! Será o sábado 8 de novembro.

Coma outros anos haberá cogumelos, castañas, viño novo, contahistorias e música e baile coa RUADA DE OUTONO!

Cóntase coa colaboración da Asociación de veciñas e veciños O Rueiro, que se vai encargar da cociña que dará servizo nesta actividade.

Nadal

No marco de actividades do ciclo do ano e sendo o nadal tempo sinalado, tocará xuntarnos arredor de actividades da nosa tradición lúdico festiva: cantares e danzas do ciclo de nadal (coas seccións da EMT), chocolatada e actividade infantil de reis, …

Estas actividades van ser organizadas en colaboración coa Asociación de veciñas e veciños O Rueiro.

A Asociación O Rueiro de Couso continúa a mellora da Casa da Escola

A Asociación de Veciñas e Veciños de Couso (AAVV O Rueiro) segue traballando na mellora da Casa da Escola, un espazo emblemático da nosa comunidade. Actualmente, están a desenvolver obras de arranxo do cuberto de entrada. Con subvencións solicitadas á Deputación e á Xunta de Galicia, que permitirán seguir co proxecto de mellora. Para levar a cabo as obras, a AAVV contará con achegas propias, así como co apoio do concello, que facilitará materiais, da Comisión de Festas e da Asociación A Xesteira.



Scroll ao inicio
Ir o contido