CAMISOLAS E SUADOIROS DA XESTEIRA – ENCARGADOS MÁIS DE 50!

Rematamos con éxito o proceso de reserva das camisolas e suadoiros coa imaxe da nosa asociación, unha iniciativa pensada para as persoas socias, o alumnado da EMT e as amizades máis próximas á Xesteira.

💚 En total, máis de 50 prendas foron encargadas. Os produtos ofrecéronse a prezo de custo:

  • Camisolas: 12 €

  • Suadoiros: 35 €

Comezouse coa súa entrega o 14 de agosto e continuarase nas vindeiras datas. Quen teña feito o encargo pode poñerse en contacto coa Asociación para facer a recollida.

Nos próximos meses abriremos un novo prazo para reserva das camisolas e suadoiros coa imaxe da nosa asociación, para que quen queira poida facer o seu pedido. Estade atentas/os!

 

 

Scroll ao inicio
Ir o contido