🎼 A Escola de Música Tradicional da Xesteira bota a andar no mes de outubro. As inscricións seguen abertas por se alguén se quere incorporar
A Escola de Música Tradicional da Xesteira comeza un novo curso. Este ano, a gran novidade é a creación dunha nova aula de requinta da Ulla, que está sendo iimpartida por Ángel Chenlo, unha oportunidade única para mergullarse nesta tradición instrumental tan característica da nosa comarca.
A escola mantén unha ampla variedade de disciplinas:
Baile tradicional (Ana García e Marta Mosquera). Desde o 1 de outubro, OS MÉRCORES (iniciación de 20:00 a 21:00, avanzado de 21:00 a 22:00)
Canto popular de taberna (Xan Herrera). Desde o 26 de setembro, CADA 2 VENRES, de 20:30 a 22:30.
Pandeireta, canto e percusións MOCIDADE (Xermán Muíños). Desde o 4 de outubro, CADA DOUS SÁBADOS de 18.00 A 19:30. Idade mínima 11 anos.
Acordeón (Santi Cribeiro). Comezo o 7 de OUTUBRO, os MARTES desde as 18:30 (mínimo 4 persoas), aulas individuais de 30 minutos.
Gaita (Xián Herrera). Comezo o 7 de outubro, OS MARTES ás 20:00 a 21:00 (iniciación), 20:30 a 21:30 (intermedio) e 21:00 a 22:00 (avanzado)
Percusión -tambor e bombo- (Xián Herrera). Comezo o 7 de outubro, OS MARTES, iniciación e nivel medio de 19:00 a 20:00. A maiores, clases conxuntas co alumnado de gaita.
Requinta (Ángel Chenlo Lobato). Desde o 2 de outubro,OS XOVES dende as 19.00. Aulas grupo 2-3 persoas.
Percusión de man -pandeiro, pandeira, tixola…- (Xermán Muíños). Desde o 4 de outubro, CADA DOUS SÁBADOS de 19.30 a 21.30.
Pandeireta (Leticia López Rey). Desde o 2 de outubro, OS XOVES. (iniciación de 20:00 a 21:00, avanzado de 21:00 a 22:00h).
Baile e Pandeireta infantil -de 6 a 11 anos- (Martín Fuentes). Desde o 1 de outubro, OS MÉRCORES de 17:00 a 18:00.
Podes consultar toda a información aquí.
📩 Máis información e inscricións:
🌐 www.axesteira.gal
📧 axesteira@gmail.com
📱 Instagram: @axesteira