Actividades

Foliadas
A Xesteira pretende colaborar na vixencia e actualidade das prácticas musicais e o baile comunitario presentes na nosa tradición cultural. Así, propón foliadas e ruadas, espazos de encontro musical e festivo onde cantar, tocar e bailar en comunidade. Preténdese ademais un fío condutor de esta actividade que xere pontes e lazos coa cultura e a sociedade. Desta forma, propóñese a Foliada das mulleres (marzo) e a Foliada das Letras (Maio), ou a Ruada das Nosas Músicas e a Ruada do Outono (novembro).
Actividades culturais
Centradas na cultura galega, A Xesteira organiza diversas actividades coas que quere achegar a cultura ao rural, ao noso espazo natural de relación e socialización, tendendo ponte e afianzando lazos. A continuación incluímos unha selección das moitas que realizamos:
Presentacións de obras literarias, proxeccións de documentais, charlas, teatro, actuacións musicais, artesanía e outras, coas que se achegan a Couso propostas coma as seguintes:
- Microefectos Dramatúrxicos
- Presentación de Humanario, de Pilar García Rego
- Presentación de War is Over, de Pilar García Rego coa creación sonora de Chus Silva e o video de Carme Cerviño, coa presentación de Teresa Novo Arrojo e acompañada dos cantos de taberna da EMT Couso.
- Obradoiro de estampación en tea, con Carme Ayala.
- Documental A poeta anafabeta e coloquio e recital de poesía con Luz Fandiño
- Documental Dorothé na vila, presentación da autora e do autor, e coloquio con Antón Santamarina
- Documental A palabra xusta e coloquio coa produtora Carme Varela.
- Uralita, filme poético de Iria Piñeiro e María Lado
- Proxección do documental Arraigadas á terra
- …




Xigantes e cabezóns
A Xesteira pretende dar a coñecer, promover e gozar de prácticas propias da nosa cultura baseadas na posta en valor de elementos que forman parte do noso patrimonio: xigantes, e cabezudos, acompañados nas súas marchas con música e danzas propias da tradición popular, asociados a momentos festivos e de celebración, hoxe case en desuso e en moitos casos descoñecidos para parte da poboación. Polo que durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 A Xesteira traballou na construcción de 5 cabezudos e 2 xigantes e as súas roupas e que agora forman parte do noso patrimonio inmaterial como un elemento asociado á celebración, pero tamén reflectindo un modo de vida, sendo un elemento de relación entre as persoas dunha comunidade, acadando así unha gran transcendencia cultural. Pretendemos que esta tradición se transmita de xeración en xeración, o feito de que persoas maiores, adultas e pequenas os coñezan, os compartan e os manteñan vivos, supón un necesario punto de encontro con feitos culturais que nos son propios. A intención é que este patrimonio se coñeza e que permaneza nas celebracións festivas da nosa zona, para non seren só figuras do pasado.
Festa de Outono
Festa arredor das tradicións de Outono que se ven celebrando desde o ano 2002, na que se concentran actividades como obradoiros de cociña de outono, saída e identificación de cogomelos, contahistorias e Ruada de outono, coa participción de agrupacións de música tradicional do entormo.
Compartimos nesta data castañas asadas, viño novo e propotas culinarias do entorno, tamén compañía, música e baile ata altas horas da madrugada


Churrasconcerto
Churrasconcerto “a festa pequena máis grande do mundo” combínanse a poesía, a música rock en galego… e o churrasco. Naceu como unha pequena festa en homenaxe ás letras galegas, xa é tradición o seu inicio con poesía en galego para continuar coa actuación de grupos do panorama do rock galego (…)
Encontro de escolas
No marco das actividades da EMT de Couso, propoñemos desde o ano 2019 o Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, a finais do mes de Maio.
Trátase dun espazo de encontro do alumnado, profesorado e persoas achegadas de Escolas que compartimos filosofía de traballo, para desfrutar e compartir arredor da música e o baile tradicional.
Nestes anos temos compartido este espazo a EMT de Couso, A escola do grupo Brincadeira (Santiago), a Asociación A Mámoa (Luou), a Escola de Baile da Asociación de veciños do Barrio de San Pedro (Santiago) ou a Asociación Hai que roelo (Cuntis).
Compartimos nesta data castañas asadas, viño novo e propotas culinarias do entorno, tamén compañía, música e baile ata altas horas da madrugada.


Proxecto ríos
Actividades enmarcadas no ProxectoRíos de ADEGA, que dende o ano 2005 leva coordinando en Galiza para divulgar a situación dos nosos cursos fluviais.
Participamos en tres actividades anuais propostas pola asociación ecoloxista:
- Roteiro muíños río Vea: (…)

- Inspeccións das campañas de primavera e outono: a partires da toma de mostras e da observación da fauna e da flora, analizamos o estado do río Vea ao seu paso pola parroquia de Couso.

- Limpeza Simultánea: día de limpeza de ríos en toda Galiza no que saímos a recoller lixo nos cursos fluviais da zona. Desgraciadamente é algo que a veciñanza ten que facer durante todo o ano xa que na zona hai varios puntos de vertido moi próximos aos ríos.