A nosa equipa

Xermán Alexandre Muíños
Mestre de canto, pandeireta e percusións

Estudoso e investigador da tradición musical galega desde comezos dos 90, é amante e defensor do traballo de campo, ao que lle dedicou boa parte do seu tempo. Foise formando deste xeito, compartindo experiencias con outras e outros  investigadores, acudindo a cursos , recorrendo a fondos documentais…

Imparte aulas arredor da tradición oral galega e colabora en investigacións, traballos de campo e recolleitas. Tamén en propostas musicais, de diferente alcance e dimensión.

Xián Herrera Lanzós
Mestre de gaita e percusión

Militante con moito orgullo en grupos coma Acibreira, Matamá Ensemble, Talabarte, Paínho do Mal Tempo, Linho do Cuco ou Galega de Bailables, está comprometido coa transmisión das melodías e tocares tradicionais e contemporáneas.

Desde Os Morenos aos Vilaboas, do Rilo a Clemente Díaz, de Portela a Paco de Escornabois, todos diferentes e todos imprescindibles, todos serven para nutrir un corpus musical que cómpre transmitir con rigor e traballar con ilusión para conservar e difundir a música que nos identifica.

Marta Mosquera Galbán
Mestra de baile tradicional

Bailadora de baile tradicional galego e delineante de profesión, e involucrada na música e no baile tradicionais galegos desde a nenez ata a actualidade, formouse en diversas asociacións culturais.

Actualmente é integrante do Grupo de Música e Baile Tradicionais Brincadeira de Santiago de Compostela, onde aprende, comparte e goza da cultura.

Ana García Otero
Mestra de baile tradicional

Compoñente da Agrupación Cantigas e Agarimos como bailadora e pandeireteira durante mais dunha década, e como bailadora no Grupo de Música e Baile Tradicionais Brincadeira.

Integrante do grupo de Música tradicional Violia. Mestra de baile, pandeireta e canto tradicional en distintas agrupacions de Santiago e a sua contorna, acompañando todo elo con traballo de campo.

Leticia López Rey
Mestra de canto, pandeireta e percusións

Comeza a súa andaina na música tradicional da man da asociación Fortín da Pomba como pandereteira e gaiteira. Tras varios anos, continúa a súa formación na agrupación de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela onde forma parte da sección de pandeireta. É profesora en diferentes asociacións entre as que se atopan o espazo de Danza da USC, a Pinguela de Bama, a SR San Xoan de Calo e a escola de Cantigas e Agarimos.
A base fundamental da súa formación é o traballo de campo que realiza dende o ano 2014 e que segue na actualidade.
Xunto con compañeiros desenvolve un traballo de recuperación, conservación e transmisión do Patrimonio inmaterial de Galicia.

Xan Herrera
Mestre de canto popular e de taberna

Xancantore, criado na tradición tabernaria da Estrada da man de seu pai e da xente da Masa Coral Estradense e demáis personal tabernario habitual…

Integrante do grupo Penadona, guitarra en ristre, transmitindo ilusión e gusto musical nas pezas populares da nosa tradición musical.

Formado na experiencia familiar e tamén da man de mestres coma Xabier Díaz, Guadi Galego, Ugía Pedreira, como alumno do Conservatorio de Música Tradicional e Folk de Lalin e da Central Folk en Santiago.

Colaborador en inciativas coma Os muinheiros do Sarela, Os Sustos de Couso, De tazas… Aires da terra, O Legado de Feijoo…

Santi Cribeiro
Mestre de acordeóns

Músico, intérprete e compositor de recoñecido prestixio e traxectoria no noso panorama musical.

Cofundador de Berrogüetto, é integrante do grupo Os d’Abaixo e colaborador habitual de Uxía Senlle, Davide Salvado, A Banda das Crechas, Fuxan os Ventos ou Anubía.

Mestre de longo percorrido, ten unha parada en Couso

Ángel Cristóbal Chenlo Lobato
Mestre de requinta da Ulla

Nace en San Miguel de Sarandón (Vedra) no ano 1989. Á idade de catro anos comeza a formarse na especialidade de Frauta doce e Gaita da man de Enrique Montero e Raúl Miramontes.
Máis tarde, recibe clases de percusión e gaita da man de Pablo Carpintero e Emilio Lois, co que tamén recibe clases de acordeón e Requinta, todas elas no marco da Asociación Cultural San Campio.
Recibeu clases dos reconocidos mestres de requinta Marcelino Brey (Marcelino de Muiñeiro) e José Alvela (Pepe de Nande), últimos requinteiros en activo da zona da Ulla.
Foi membro da Gaita de Sarandón, formación que se adicou á recuperación da requinta e repertorio da Ulla cos mestres Marcelino e Pepe, na que permaneceu ata a sua desaparición no ano 2024.
Na actualidade, compaxina a labor de músico en A Requinta da Laxeira coa de Mestre de Gaita, Percusión, Acordeón, Requinta e Pinfano na escola de música da Asociacion Cultural San Campio.

Martín Fuentes García-Santamarina
Mestre de canto, pandeireta e baile infantil

É graduado en Mestre de Educación Primaria coa especialidade en Música.

Comezou a bailar e tocar a pandeireta con 3 anos. Actualmente é compoñente da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras e da A.C. Cántigas e Frores de Lugo. Impartiu aulas de pandeireta e baile en Rosalía de Castro, ademais de clases de baile nos institutos da Estrada.

O ano pasado participou no programa Vai de Baile de Luar, acadando o segundo posto

Scroll ao inicio
Ir o contido