A escola de música tradicional
A escola de música tradicional (EMT) de Couso nace no ano 2011, con aulas de canto e pandeireta, a proposta dun grupiño de persoas relacionadas coa asociación e coa música tradicional con ganas de aprender e compartir. O grupo foi medrando e comezouse a traballar tamén nunha proposta de canto popular e de taberna, acompañada de máis integrantes da asociación e persoas achegadas que se unen con gaitas, acordeón, percusións de man e baile. Con esta formación acudimos á Foliada de Melide en varias edicións, e incluso gañamos o seu Concurso de Cantos de Taberna nunha ocasión.
Pouco a pouco vanse abrindo as demais seccións, ata completar unha proposta estable de aulas e actividades que se concreta na oferta coa que conta A Xesteira na actualidade.
-
Baile tradicional (Ana García e Marta Mosquera)
Desde o 1 de outubro, OS MÉRCORES (iniciación de 20:00 a 21:00, avanzado de 21:00 a 22:00)
*Trimestre: 50€ -
Canto popular de taberna (Xan Herrera)
Desde o 26 de setembro, CADA 2 VENRES, de 20:30 a 22:30.
*Trimestre: 40€ -
Pandeireta, canto e percusións MOCIDADE (Xermán Muíños)
desde o 4 de outubro, CADA DOUS SÁBADOS de 18.00 A 19:30.
Idade mínima 11 anos.
*Trimestre: 35€ (irmás/áns 30€) -
Acordeón (Santi Cribeiro)
Comezo o 7 de OUTUBRO, os MARTES desde as 18:30 (mínimo 4 persoas), aulas individuais de 30 minutos.
*Mensual: 50€ -
Gaita (Xián Herrera)
Comezo o 7 de outubro, OS MARTES ás 20:00 a 21:00 (iniciación), 20:30 a 21:30 (intermedio) e 21:00 a 22:00 (avanzado).
*Trimestre: 75€ -
Percusión -tambor e bombo- (Xián Herrera)
Comezo o 7 de outubro, OS MARTES, iniciación e nivel medio de 19:00 a 20:00.
A maiores, clases conxuntas co alumnado de gaita.
*Trimestre: 50€ -
Requinta (Ángel Chenlo Lobato)
Desde o 2 de outubro,OS XOVES dende as 19.00. Aulas grupo 2-3 persoas.
*Trimestre: 75€ -
Percusión de man -pandeiro, pandeira, tixola...- (Xermán Muíños)
Desde o 4 de outubro, CADA DOUS SÁBADOS de 19.30 a 21.30.
*Trimestre: 40€ -
Pandeireta (Leticia López Rey)
Desde o 2 de outubro, OS XOVES. (iniciación de 20:00 a 21:00, avanzado de 21:00 a 22:00h).
*Trimestre: 50€ -
Baile e Pandeireta infantil -de 6 a 11 anos- (Martín Fuentes)
Desde o 1 de outubro, OS MÉRCORES de 17:00 a 18:00.
*Trimestre: 35€ (irmás/áns 30€)
-
Inscrición: 20€
(anual, por persoa- inclúe descendencia- para todas as actividades) - *DESCONTO SOCIXS: 50% MATRÍCULA
- *DESCONTO 3ª ACTIVIDADE: 50%
- *DESCONTO FAMILIA: 3º integrante 50%

