III Andaina Solidaria de Couso: camiñamos xuntas pola loita contra o cancro infantil

A III Andaina Solidaria de Couso, organizada pola Asociación de Veciños O Rueiro, celebrarase o 24 de maio, con saída desde a Casa da Escola ás 17:00 h. Toda a recadación será destinada á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG), en apoio ás nenas e nenos que loitan contra esta enfermidade.

Contaremos con dous percorridos:

  • Percorrido curto (2 km), con xogos durante o camiño
  • Percorrido longo (10 km)

A inscrición inclúe gorra e seguros, e o prezo será de 10 € para persoas adultas e 5 € para nenas e nenos.

📝 Inscricións:

  • Correo: asociacionorueiro@gmail.com
  • Teléfono: 660 007 568

Tras a andaina, haberá merenda, xogos musicais en familia, inchables e a cantina aberta para todos e todas as participantes.

Un evento solidario e divertido para unir a comunidade e apoiar unha boa causa. ¡Non faltes!

Scroll ao inicio
Ir o contido