A EMT A Xesteira: música e comunidade no vindeiro trimestre

A Escola de Música Tradicional A Xesteira continúa con forza, enchendo o calendario de actuacións, encontros e colaboracións por todo o territorio. Compartimos as principais citas do trimestre:

📅 Domingo 4 de maio
Participación de Pandecouso (alumnado de pandeireta) na feira O Mar en Terra, organizada por Terra de Rebolos en Terreboredo (Souto, A Estrada), dentro da sesión vermú “música da terra”.

📅 Venres 16 de maio
Os grupos de iniciación e maiores das aulas de pandeireta e canto participan no Festival das Letras Galegas do CEIP Villar Paramá (Souto de Vea, A Estrada), interpretando un tema das pandeireteiras de Mens xunto co alumnado do centro.

📅 Sábado 24 de maio

  • Cousobares (alumnado de canto popular e de taberna) participa nos Cantos de Taberna de A Estrada.
  • Pandecouso (pandeireta, maiores e mocidade) participa no Serán das Letras, organizado pola AC San Campio de Sarandón.

📅 Domingo 1 de xuño
Celebramos o VII Encontro de Escolas de Música Tradicional:
Dende as 12:00 haberá presentación das escolas participantes, sesión vermú, comida comunitaria, sobremesa e foliada de tarde.

📅 Xuño (data por confirmar)
Xuntanza e foliada infantil, organizada pola Asociación A Carrabouxa en Pite, coa participación do alumnado infantil da Pinguela de Bama, A Xesteira de Couso, AC San Campio de Sarandón e A Carrabouxa.

📅 Sábado 28 de xuño
Presentación do Proxecto Palcos, en colaboración coa AAVV O Rueiro de Couso, a Asociación Palcos, a Comisión de Festas de Couso e a Asociación O Cruceiro.
Inclúe charla, mesa redonda e foliada co alumnado da EMT A Xesteira e unha agrupación convidada.
Tamén celebraremos os pinchos de fin de curso da escola.

Un trimestre cheo de oportunidades para celebrar, aprender e compartir música tradicional desde a raíz e para a comunidade.

Scroll ao inicio
Ir o contido