O vindeiro venres 23 de maio celebraremos unha nova edición de Letras Nosas para As Nosas Músicas, un encontro arredor da lingua, a música e a creación colectiva, que cada ano reúne voces, sons e pensamentos para poñer en valor o noso.
📜 Ás 21:00, abrirá a xornada a lectura do Manifesto, a cargo da escritora Susana Aríns. O manifesto, que se fará público o 17 de maio, será un berro a prol da palabra viva e a memoria común.
🎤 Ás 21:15 está prevista a presentación dun proxecto (a confirmar nos vindeiros días), que afondará nas conexións entre cultura, comunidade e identidade.
🎶 A partir das 22:00, comezará a IV Ruada das Letras, coa participación dos seguintes grupos:
- Pandecouso Mocidade
- Raigañas de Cerqueda (Malpica)
- EMT Couso – grupo de gaita
- Pandecouso Adultas
- [Grupo pendente de confirmación]
Unha noite para compartir palabra, música e camiño. Estades todas convidadas!