Cursos e obradoiros da EMT
A proposta da EMT de Couso complétase con un programa de cursos e obradoiros que se desenvolve cada ano, para traballar e profundizar en diferentes aspectos, técnicas ou temáticas arredor das aulas regulares.
Algunhas das actividades que se realizaron nestes últimos anos foron:
- Construcción da nosa frauta travesa, con Suso Vaamonde
- Obradoiro avanzado de pandeira, con Felisa Segade
- A lata ou latón no canto e baile tradicional do Suído, con Nando Saavedra
- Xeitos e repertorio para a pandeira Ancaresa, con Felisa Segade e Xermán Muíños
- Iniciación e repertorio do pandeiro en Galicia, con Xermán Muíños
- Construcción de pandeiro, con Xermán Muíños e Berta do Montinho
- Construcción de colares tradicionais, con Berta do Montinho
- Repertorio musical oral e pandeireta en Torea-Muros, con Carlos Alvarez
- Canto e pandeireta na costa da morte sur (Cee), con María Vidal
- Baile tradicional na costa da morte sur (Cee), con Pichi Abollado
- Percusión miúda, con Chuco Estévez
- Xogos e bailes musicais en familia, con Pichi Abollado e María Vidal
- Castañetas para o baile tradicional en Galiza, con Xisco Feijoo
- Danzas do ciclo de nadal, con Luís Prego