A nosa equipa

Xermán Alexandre Muíños
Mestre de canto, pandeireta e percusións

Estudoso e investigador da tradición musical galega desde comezos dos 90, é amante e defensor do traballo de campo, ao que lle dedicou boa parte do seu tempo. Foise formando deste xeito, compartindo experiencias con outras e outros  investigadores, acudindo a cursos , recorrendo a fondos documentais…

Imparte aulas arredor da tradición oral galega e colabora en investigacións, traballos de campo e recolleitas. Tamén en propostas musicais, de diferente alcance e dimensión.

Xián Herrera Lanzós
Mestre de gaita e percusión

Militante con moito orgullo en grupos coma Acibreira, Matamá Ensemble, Talabarte, Paínho do Mal Tempo, Linho do Cuco ou Galega de Bailables, está comprometido coa transmisión das melodías e tocares tradicionais e contemporáneas.

Desde Os Morenos aos Vilaboas, do Rilo a Clemente Díaz, de Portela a Paco de Escornabois, todos diferentes e todos imprescindibles, todos serven para nutrir un corpus musical que cómpre transmitir con rigor e traballar con ilusión para conservar e difundir a música que nos identifica.

Marta Mosquera Galbán
Mestra de baile tradicional

Bailadora de baile tradicional galego e delineante de profesión, e involucrada na música e no baile tradicionais galegos desde a nenez ata a actualidade, formouse en diversas asociacións culturais.

Actualmente é integrante do Grupo de Música e Baile Tradicionais Brincadeira de Santiago de Compostela, onde aprende, comparte e goza da cultura.

Ana García Otero
Mestra de baile tradicional

Compoñente da Agrupación Cantigas e Agarimos como bailadora e pandeireteira durante mais dunha década, e como bailadora no Grupo de Música e Baile Tradicionais Brincadeira.

Integrante do grupo de Música tradicional Violia. Mestra de baile, pandeireta e canto tradicional en distintas agrupacions de Santiago e a sua contorna, acompañando todo elo con traballo de campo.

María Prego Fernández
Mestra de canto, pandeireta e percusións

Comezou no folclore aos 3 anos ao ser seu pai membro dun coro tradicional que pertencía a Lembranzas Galegas, unha das grandes agrupacións na cidade de Vigo. Alí coñeceu varios compañeiros cos que lle picou a curiosidade polas nosas raíces (Luís Prego ou Xisco Feijoo), por investigar e aprender de onde viñan os nosos costumes. Cos anos, fundaron O Fiadeiro e comenzaron un traballo de recompilación e aprendizaxe de músicas, bailes e costumes, recorrendo cada fin de semana un lugar de Galicia para preguntarlle aos maiores como se divertían e vivían. Pasaron, deste xeito, a ser receptores das costumes e vivencia do pasado do noso pobo. Actualmente a súa misión consiste en divulgar todo ese legado e trasmitilo, o máis fielmente posible, a modo de divertimento.

Na actualidade dirixe e é mestra en diversos grupos e asociacións veciñais coas na cidade de Vigo e arredores. Colabora en charlas e coloquios sobre a nosa tradición e continúa asistindo a obradoiros e xuntanzas sobre o noso folclore.

Xan Herrera
Mestre de canto popular e de taberna

Xancantore, criado na tradición tabernaria da Estrada da man de seu pai e da xente da Masa Coral Estradense e demáis personal tabernario habitual…

Integrante do grupo Penadona, guitarra en ristre, transmitindo ilusión e gusto musical nas pezas populares da nosa tradición musical.

Formado na experiencia familiar e tamén da man de mestres coma Xabier Díaz, Guadi Galego, Ugía Pedreira, como alumno do Conservatorio de Música Tradicional e Folk de Lalin e da Central Folk en Santiago.

Colaborador en inciativas coma Os muinheiros do Sarela, Os Sustos de Couso, De tazas… Aires da terra, O Legado de Feijoo…

Santi Cribeiro
Mestre de acordeón

Músico, intérprete e compositor de recoñecido prestixio e traxectoria no noso panorama musical.

Cofundador de Berrogüetto, é integrante do grupo Os d’Abaixo e colaborador habitual de Uxía Senlle, Davide Salvado, A Banda das Crechas, Fuxan os Ventos ou Anubía.

Mestre de longo percorrido, ten unha parada en Couso

Scroll ao inicio
Ir o contido